Un sillón levantapersoas ou unha cámara web con forma de moneco, novidades chamativas de FEXDEGA

Data da nova: 09/10/2010

A FUNDACIÓN FEXDEGA inaugurou hoxe da man da alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez, o presidente da Deputación provincial de Pontevedra, Rafael Louzán e a directora xeral de Comercio, María Nava Castro o Salón Multisectorial FEXDEGA, que xa vai pola súa 41 edición, e estará en funcionamento ata o martes, día 12 de outubro, e OPENMOBLE, que se estrena por primeira vez na nave feiral de Vilagarcía de Arousa, e estará aberto ata o domingo, día 17.

 Entre as autoridades presentes figuraban, entre outros, o delegado provincial da Xunta de Galicia e vogal do padroado de FEXDEGA, Cores Tourís, o presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Carlos Oubiña, o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Puertas, a concelleira e vicepresidenta de FEXDEGA, Rosa Abuín, os concelleiros, Castro Ratón, Marta Rodríguez, Tomás Fole e José Membrives, o subdirector xeral de Caixanova e membro do padroado de FEXDEGA, Antonio Gómez Rivera (acompañado por outros membros da entidade crediticia).

 

 

 

INFORMATICA DE DISEÑO

 A Feira Multisectorial conta con productos tan novidosos coma unha empresa de informática de diseño e Merchandising. O expositor promove orixinais complementos para ordenadores, coma ratos con formas de animais, coches, nave espacial, balóns ou ovos. Tamén expoñen pen drives en forma de zapatilla ou muñecos, unha minicadena de aproximadamente 10 centímetros con un modelo futurista, cámaras web con forma da personaxe infantil Kitty, hub (duplicador de portos) con forma de sandwich ou auriculares de mariquita, todo un mundo de diseño en artigos vencellados á informática.

 No que respecta ao menaxe e artigos para o fogar dare a coñecer unha tarteira programable, un sillón levantapersonas, que serve de gran axuda para os afectados por algunha minusvalía xa que se ergue ata conseguir poñer en posición vertical á persoa que se atope sentada, ou un electrodoméstico para a dor, que, a través duns electrodos que ten colocados e por un sistema de vibracións, permite aliviar a dor muscular en calquera parte do corpo.  

 Asimesmo, na feira preséntanse xogos electrónicos infantís que farán as delicias dos máis pequenos en parques de atraccións, centros comerciais ou incluso empresas expendedoras de productos infantís. É a primeira vez que un producto destas características se da a coñecer en FEXDEGA e a empresa que o trae oferta modelos ata o de agora descoñecidos nos establecementos da comarca.
 
 Productoras de TV, automóbiles, moda infantil, xuvenil e deportiva, cadros pintados a man, mobiliario de pedra, sillóns de masaxe, robots de cociña, maquinaria de limpeza, menaxe e animais de compaña son algúns dos artigos que se deixarán ver na feira, onde tamén haberá escaleiras, productos de alimentación...
 
 A Feira Multisectorial na que se poden ver todas estas novidades ocupa 3.500 metros cadrados de recinto. O salón estará aberto dende as 12.00 ata as 21.00 horas. A partir do martes, día 12 de outubro, este salón pecharase e panelarase a metade do pabillón, de xeito que o público atopará  Openmoble, un salón especializado en decoración e mobiliario, que ocupa outros 3.500 metros cadrados. Os días 13, 14 e 15 (mércores, xoves e venres) abrirase so pola tarde, en horario de 17.00 a 21.00 horas. O sábado 16 e o domingo 17 abrirase de 12.00 ata as 21.00 horas.
 O prezo da entrada é de 3 euros, aínda que os nenos e os maiores de 65 anos so pagarán un euro.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca