O I Salón de Decoración OPENMOBLE chega mañá á súa recta final, despois de nove días de apertura, con un balance positivo, xa que tódalas empresas conseguiron un resultado favorable respecto á promoción da súa marca e dos seus productos. Algunhas, ademáis, manifestaron ter pechado negocios moi satisfactorios.
Na exposición, que mañá abrirá de 12.00 da mañá ás 9.00 da noite, pódense ver, ademáis de artigos decorativos e de mobiliario, sillóns de masaxe, que ademáis de proporcionar confort e descanso teñen un compoñente saudable na medida na que proporcionan relaxación muscular e alivio de dores. Os sillóns de masaxe son uns dos artigos máis reclamados polo público nas feiras de FEXDEGA.
Dentro dos artigos con esta vertente saudable, este ano figura tamén unha máquina fitness con un sistema de vibración e outro de oscilación. Este aparato presente en OPENMOBLE serve para traballar todas as partes do corpo, dende glúteos, ata cintura, pernas ou incluso as partes altas do corpo. Así, activa a circulación ao mesmo tempo que traballa o corpo.
Tamén resulta chamativo no salón un cruceiro de pedra de varios metros de altura, que aporta a firma Granifinas, así coma outros artigos de mobiliario exterior en granito, tales coma chimeneas, mesas... que están resultando moi ben acollidos polo público que visita OPENMOBLE.
A maior parte dos expositores do I Salón de Decoración Openmoble son fabricantes do seu mobiliario e productos decorativos, concretamente un 70%, e algúns deles teñen tamén deseñador propio o que supón unha vantaxe engadida para os clientes na medida na que poden obter un producto personalizado, a medida da súa vivenda, e cun prezo moi competitivo.
A práctica totalidade das empresas que expoñen no I Salón de Decoración Openmoble teñen productos na área de stocks con descontos que van dende o 15% ata o 40% do prezo orixinal. A exposición de artigos en rebaixas ocupa uns 300 metros cadrados de superficie. A feira estará aberta ata o domingo, día 17 de outubro.