O xerente segue a traballar no Recinto ata que non se incorpore ao seu novo posto de traballo


As bases para a selección do xerente de FEXDEGA serán similares ás do recinto de A Estrada

Data da nova: 02/12/2010

  O Padroado da Fundación FEXDEGA prevé reunirse próximamente para aprobar as bases do concurso que rexirá a contratación do novo xerente da Fundación feiral vilagarciana, aínda que xa traballa nunha proposta que será similar á que se aprobou para a selección do xerente do Recinto Feiral de A Estrada. As bases do concurso da Fundación estradense están na actualidade no departamento autonómico que rixe os asuntos de Función Pública, á espera de que se lles otorgue o visto e prace.

 Unha vez que Función Pública aprobe as bases do recinto dezano, traeranse ao padroado da Fundación FEXDEGA para propoñer a súa aceptación.

 Mentras tanto, o xerente do Recinto Feiral de Vilagarcía, Juan Luis Callón Cameán, continúa a traballar no seu despacho de FEXDEGA, mentres non se incorpore  ao seu novo posto de traballo. Aínda que a súa marcha estaba prevista para o pasado mércores, día 30 de novembro, o aprazamento da súa incorporación ao novo posto, provocou a súa permanencia, sine die, no cargo de xerente de FEXDEGA.

 Por outro lado, o Padroado da Fundación FEXDEGA aprobou na súa última reunión do pasado mes de outubro externalizar a organización da feira infantil e xuvenil Galinfancia, polo que a xerencia está a negociar con varias empresas esta xestión que, polo de agora, aínda non está pechada.  

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca