O Padroado de FEXDEGA aprobou onte as bases para contratar un novo xerente

Data da nova: 28/12/2010

O Padroado da Fundación FEXDEGA, reunido na tarde de hoxe nas instalacións feirais de A Maroma, aprobou as bases que rexirán o proceso de selección do novo xerente da Fundación FEXDEGA. Estabrécese que poderá presentarse unha persoa física ou xurídica e que os candidatos terán que superar dúas fases: unha de valoración de méritos, que estará evaluada por un tribunal formado por funcionarios e contará un 60%, e outra de entrevista persoal, que contará un 40% e que estará evaluada polo Comité Executivo da Fundación FEXDEGA.

Unha vez superado este proceso, deberán quedar 3 candidatos e será o Padroado o que decidirá o resultado final do proceso de selección.

Aos candidatos non se lles require titulación algunha, pero sí 5 anos de experiencia en postos de dirección de empresas públicas ou privadas, preferentemente no sector feiral. 

Á cita na que se aprobaron estas bases estuvo presidida pola directora xeral de Comercio Nava Castro.

As bases deberán ser publicadas no DOGA. A dirección do proceso de selección correrá a cargo do Comité Executivo de FEXDEGA.   

O Padroado tomou outro acordo que foi o de nomear a Alejandra García, responsable de Administración da FUNDACIÓN, xerente en funcións. Este posto ocuparao dende a marcha de Juan Luis Callón Cameán ata a incorporación do novo xerente.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca