A Fundación FEXDEGA e a Asociación de Comerciantes de Vilagarcía, Zonaberta organizaron por sexto ano o Salón de Oportunidades Expoferta Zonaberta, unha cita para a que xa están anotadas máis de medio cento de tendas de toda a comarca de O Salnés. A feira terá lugar do 25 ao 27 de febreiro, ou sexa, ao finalizar o período de rebaixas en todo o comercio.
Son moitos os establecementos da comarca que repiten a súa presenza no Salón de Oportunidades de FEXDEGA, o que da idea do éxito da convocatoria e da súa consolidación entre os arousáns. Así, segundo as estimacións feitas ata o de agora, máis do 50% das tendas inscritas no evento xa tiveron presenza nas anteriores edicións.
Expoferta Zonaberta é, polo tanto, despois de seis edicións unha referencia tanto para os comercios da comarca, que non dubidan en acudir á cita para liquidar os seus stocks, coma para o público, que sabe que a feira de Rebaixas de FEXDEGA é un referente pola oferta que atopa e os servizos que presta, xa que, ao estar radicada nun Recinto Feiral ofrece tódalas vantaxes propias de este. Neste sentido, a organización espera recibir unha cifra de visitantes similar a do ano pasado, isto é dunhas 11.000 persoas.
Este ano, seguindo os preceptos da Lei do Comercio Interior de Galicia que establece que as feiras de oportunidades serán nas súas tres cuartas partes comarcais, Expoferta Zonaberta terá maioritariamente comercios de O Salnés, si ben tamén hai algúns de O Barbanza e de outras localidades próximas a Vilagarcía.
Dentro dos sectores que están presentes no salón figuran, sobre todo, roupa e calzado, -infantil (con tódalas franxas de idade, dende bebés ata adolescentes), xuvenil, e de adultos- pero tamén haberá agasallos, máquinas de limpeza, e ata piscinas ou aparatos de fitness e electroestimuladores a prezos moi competitivos.
Expoferta Zonaberta ten como característica ofertar non so artigos de consumo, se non tamén servizos ao consumidor. Así, la concellería de Xuventude do Concello subvenciona a presenza dunha ludoteca, na que os nenos poderán xogar e estar entretidos mentres os pais fan o percorrido polo salón. Ao igual que outros anos, este espacio será gratuíto para o público visitante e contará coa existencia de talleres impartidos por varios monitores.
Igual que noutras ocasións, a entrada ao salón custará 1 euro e o horario será de 12.00 a 22.00 horas, o que permitirá o acceso a todo tipo de público e fora de horas de traballo.