O 94% dos expositores de Expoferta pensa en volver a participar no salón

Data da nova: 28/02/2011

A FUNDACION FEXDEGA considera un éxito os resultados da 6ª Feira de Oportunidades, Expoferta Zonaberta. Se onte a satisfacción viña polas entradas de público,  unha vez analizadas as enquisas que se lles fixeron aos expositores que participaron no salón, constátase que tamén estes tiveron bos resultados económicos.

Así, segundo este análise, os participantes manifestan nun 94% que volverán ou probablemente volvan a participar na próxima edición do certame. Concretamente, un 59% di que probablemente volva a acudir á Feira de Oportunidades, mentres que un 35% sinala que, sen dúbida, vai asistir  e solo un 6% descarta volver a estar no salón de stocks vilagarciano. 

Este é un dato moi relevante para a organización, a Fundación FEXDEGA e a Asociación de Comerciantes de Vilagarcía Zonaberta, porque a intención de repetir é o que pon de manifesto que os resultados foron satisfactorios.

Non obstante, hai outro dato da enquisa que tamén apunta no mesmo sentido. Outro 94% di que os resultados para a súa empresa foron excelentes, bos ou regulares e so un 6% di que foron malos.

Os expositores tamén consideran bos, en xeral, os servizos de seguridade, limpeza, montaxe, sinalización, aparcamento, recepción, información e publicidade.  

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca