Máis de 7.000 personas seguiron as probas e exhibicións das Exposicións Nacional e Internacional Canina
Data da nova: 13/04/2008
A 21 Exposición Internacional Canina, que se celebrou xunto a 51 Exposición Nacional Canina Galega e a 52 Exposición Nacional Canina de Galicia, pechou hoxe as súas portas ao público no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, cun balance de visitantes superior ás 7.000 persoas, tendo en conta entradas de taquilla, propietarios de cans e acompañantes, xuices, organización e invitacións repartidas.
As finais de beleza, que tiveron lugar pola tarde e a exhibición "Petrus Impact" celebrada onte, ao peche da xornada, e hoxe ,domingo, entorno ás 13.00 horas foron as que acapararon á meirande parte do público, aínda que, a diferencia doutras edicións, a entrada de asistentes estivo moi repartida ao longo das dúas xornadas. Na clasificación final o primeiro premio (MELLOR EXEMPLAR DA EXPOSICIÓN) foi a parar a un Cocker Spanier Americano, propiedade de Carlos Lozano, procedente de Zaragoza. O segundo clasificado foi un Boston Terrier, propiedade de Eduardo Sánchez (Málaga) e o terceiro, un Fox Terrier Pelo Duro, de Carlos Puime, de Vigo.
O primeiro clasificado das razas españolas foi un can de auga español, de Eugenio Freire, de A Coruña, o segundo, un dogo canario, de Manuel Corpas, de Vigo e o terceiro galgo español, traído dende Granada. Entre os cachorros, o primeiro clasificado foi un American Staffordshire Terrier, traído desde Mos (Pontevedra) por Ignacio Carballido.
Segundo o regulamento da exposición, os gañadores do concurso internacional proclamánse tamén campeóns da Exposición Nacional. Os gañadores acumulan as súas puntuacións nos diferentes concursos nos que participan para obter a categoría de campeóns nacionais e campeóns internacionais, segundo a modalidade na que concursan.