FEXDEGA publica as bases para a contratación do seu director-xerente
Data da nova: 06/06/2008
A Fundación FEXDEGA fixo públicas as bases para a contratación do director-xerente da entidade. O documento está exposto, en formato PDF, nesta páxina web, no apartado Fundación, sección Traballa Connosco. As propostas entregaranse nas oficinas da Fundación, sitas en Recinto Feiral FEXDEGA, A Maroma, S/N 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
O prazo de presentación de candidaturas é de 15 días dende a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG)