O Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, albergará durante tódolos fins de semana do vindeiro mes de xullo os Campionatos Galego e Internacional de Dardos Electrónicos, un torneo inédito tanto na nave feiral de Vilagarcía coma no que se refire á comunidade autónoma de Galicia, xa que é a primeira vez que se celebran aquí probas similares.
A convocatoria foi acollida con entusiasmo entre os afecionados a esta práctica e, na actualidade, atópanse rexistrados para o Campionato Internacional preto de 200 xogadores extranxeiros e outros tantos españois. Os primeiros acudirán dende uns 20 países.
A cita conta tamén coa particularidade dun inusual despregamento de medios no que aos participantes se refire. Así, entre os campionatos galego e internacional, a organización entregará máis de 2.000 trofeos.
Ademáis da competición en si mesma, o evento moverá outro tipo de recursos para darlle maior interés aos actos. Como exemplo, o humorista Pepo Suevos, coñecido polo show dos Tonechos na TVG e pola súa participación nunha coñecida serie da Televisión de Galicia, será o encargado de presidir a gala de trofeos a que asistirá, coma colaborador, o xornalista Perfecto Sangiao.
O evento contará con máis dunha ducia de probas repartidas entre o venres 4 de xullo e o domingo 6; o venres, 11 e o domingo, 13; o venres, 18 e o domingo, 20; e o venres, 25 e o domingo, 27.
10.000 Xogadores
O conxunto das probas que se celebrarán no marco destes torneos atraerán ata a cidade arousana a uns 500 participantes en cada xornada de venres e sábado e a un millar de personas nas xornadas dominicais, xa que é cando concurren as probas femininas. En total, serán días de xogo tódolos venres, sábados e domingos do mes, para os que se esperan a lo menos 10.000 xogadores. Deste xeito, FEXDEGA terá plena ocupación durante unha mensualidade na que habitualmente non existía actividade no Recinto.
Neste intre atopase aberto o prazo de inscripcións para as probas individuais, parellas, triple mixto, libres e internacionais. Todas as probas rematarán o seu prazo de inscripción entre 10 e 15 días antes da súa celebración, agás as probas de equipos que xa están pechadas a data de hoxe. Ademáis dos citados campionatos, o evento que terá lugar en FEXDEGA contará con dúas probas infantís e xuvenís.
A participación é de balde para algunhas das competicións e terá un custe para as probas internacionais, de individuais e parellas. Estas tasas destinaranse a becas deportivas.
O público que o desexe poderá acceder ao Recinto de xeito libre para seguir as competicións dende as gradas, que se instalarán para este evento no interior da nave feiral de FEXDEGA.
Evolución dunha cita inédita en Galicia
O organismo convocante, Afeccionados Galegos de Dardos e Dardos Electrónicos -Fegade-, optou por celebrar en FEXDEGA un evento internacional despois de varios anos consecutivos logrando un incremento considerable dos participantes no campionato galego. Concretamente, no ano 2007 reuniron a 6.000 xogadores.
Segundo as primeiras pesquisas realizadas, este colectivo espera a participación de participantes duns 20 países entre os que se atopan Yugoslavia, Italia, Francia, Portugal, Luxemburgo, Alemania ou Bélxica e da práctica totalidade dos municipios galegos.
As cifras, ás que habería que sumarlle aos acompañantes, convertirán a FEXDEGA nun foco de atracción de turistas e suporán un novo aliciente para a hostelería e a restauración da comarca.
Segundo expricou Miguel Vila, presidente da FEGADE, ésta é a primeira vez que se celebra en Galicia un campionato internacional de dardos electrónicos, si ben o pasado ano tivo lugar en A Coruña un campionato internacional de diana de pelo. O 90% destes torneos con carácter supranacional teñen lugar en Barcelona. Vila sinalou, asimesmo, que o 75% das inscripcións da cita do mes de xullo acostuman a corresponder a distintos participantes, se ben hai un 25% que concurren a distintas probas.
O Concello de Vilagarcía de Arousa e a Fundación de Deportes patrocinan dúas probas do Campionato Internacional (parellas e triple mixtos). Tamén FEXDEGA, coorganizadora do evento, terá unha aportación directa sobre unha das probas. Concretamente, financiará as probas galegas de bote FEGADE por equipos. Pola súa banda, o Concello de Cambados patrocina o Campionato Internacional Individual, que se denomina Trofeo do Albariño.
Asimesmo, Trofeos Grevila e o Templo do Dardo traen a FEXDEGA a Celia Berzosa, actual campiona do mundo en cricket e 501.
A Fegade conta coa colaboración da maior parte dos concellos da comarca para a realización deste campionato. Do mesmo xeito, a meirande parte dos hoteis da zona fixeron achegas de distinto tipo a esta organización.