FEXDEGA acollerá esta fin de semana aos xogadores que competirán polos trofeos internacionais do Campionato de Dardos Electrónicos que coorganiza coa Asociación Galega de Dardos Electrónicos - FEGADE.
O venres celebrarase a competición para alcanzar o Trofeo Internacional por Parellas. De 20 a 21 horas, os participantes poderán recoller as súas acreditacións para a proba e adestrarán ata as dez da noite. A competición iniciarase ás dez e cuarto.
O sábado disputarase o Trofeo Internacional do Albariño algo máis cedo: de catro a cinco da tarde recolleranse as acreditacións, ata as cinco e media os participantes poderán adestrar e ás seis comezará a competición.
O domingo, o Internacional Triplo Mixto terá o seguintes horarios: dende as cinco e ata as seis, os participantes poderán facerse coas súas acreditacións e practicar e ás seis e cuarto comezarán as probas oficiais.
Máis de catro mil participantes tomaron parte nas competicións no que vai de mes. As probas continuarán a semana que vén e a entrega de trofeos celebrarase o domingo 27.