Fexdega renova o seu convenio anual de promoción e colaboración coa entidade financeira Caixanova


Caixanova renova o seu patrocinio con FEXDEGA

Data da nova: 22/09/2008

O subdirector xeral de Caixanova, Antonio Gómez Rivera, e a xerente en funcións da FUNDACIÓN FEXDEGA, Rosa Abuín Rodríguez, rubricaron na mañá de hoxe o convenio de carácter anual polo que ambos se comprometen a colaborar na promoción e o desenvolvemento de cada unha das entidades.

 

            En virtude  deste convenio, Caixanova colaborará coa FUNDACIÓN FEXDEGA no desenvolvemento dos proxectos para os que ambas partes consideran que existen obxectivos comúns. Así, a entidade financeira apoiará as solicitudes de asesoramento e apoio que se realicen dende a Fundación, mentres que FEXDEGA dará preferencia ás solicitudes que Caixanova lle formule no uso das súas instalacións.

 

            A entidade financeira engloba este convenio no compromiso económico e de apoio aos sectores productivos que se ten marcado dende o seu nacemento. Trátase dunha prioridade que comparte coa FUNDACIÓN FEXDEGA, xa que esta ten entre os seus obxectivos fundacionais promover o desenvolvemento económico do seu entorno.  

 

Entre os compromisos adquiridos coa rúbrica deste convenio, que se renova por cuarto ano consecutivo, establécese que a Fundación feiral de Vilagarcía “dará especial relevancia á promoción da imaxe institucional de Caixanova no seu ámbito de actuación coidando dos soportes publicitarios que, de común acordo, se instalen nas súas dependencias”. Concretamente, FEXDEGA fará figurar o patrocinio de CAIXANOVA en todos cantos actos se relacionen directa ou indirectamente co desenvolvemento das súas feiras.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca