A 39 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA inaugurarase o vindeiro día 9 de outubro e permanecerá aberta ata o domingo día 12 con productos moi novedosos para a comarca, que abranguen dende novedosas patentes, como é o caso de recipientes intelixentes para a cociña, ou un tratamento antihumidade, ata os ocurrentes productos de teletenda. Tamén se rexistraron grupos de artistas plásticos, reunidos entorno a un proxecto común co que tratan de dar un empuxe hacia a comercialización das súas obras.
Un estudio de arquitectura, antigüedades, mariposas decorativas, productos que ata o de agora so se podían ver na teletenda, máquinas de coser, ou artesanía precolombina son outras das novidades que se deixarán ver por primeira vez na Feira Multisectorial, na que tampouco faltarán os artigos de máis éxito noutras edicións, como é o caso das piscinas, o mobiliario de cociña, os automoveis, o mobiliario portugués e galego, ou os productos para o baño.
A organización espera a visita dunhas 30.000 persoas, dadas as entradas rexistradas o ano pasado no salón que se realizou nas mesmas datas que nesta edición. A feira estará aberta dende as 12.00 ata as 21.00 horas e a organización repartirá varios milleiros de invitacións válidas para días laborais entre asociacións de veciños. Con esta campaña de marketing trátase de evitar as xa tradicionais aglomeracións de público na xornada do domingo e repartir máis as visitas durante o xoves, o venres e o sábado.
A 39 Feira multisectorial FEXDEGA, que ultima estes días o peche de espacios para participación de empresas, ten confirmada a asistencia de tres asociacións de comerciantes. Son Zona Aberta, e as agrupacións de autónomos UPTA e OAP. Deste xeito detéctase unha importante presenza de empresas locais sin que merme a participación de firmas procedentes de Portugal que acadan a decena e traen, ademáis de mobiliario, outros productos como é o caso dos exitosos doces portugueses.
Os portugueses ocupan un 50% máis na zona de decoración
Cabe reseñar que na zona de Fogar e Decoración as firmas portuguesas aínda que non acadan un alto porcentaxe de espacios vendicos, se se ten en conta a metraxe, ocupan, a data de hoxe, o doble de metros que as firmas locais.
Por outro lado, a tecnoloxía máis actual, menaxe, agasallos, beleza… Este ano FEXDEGA enchese dunha grande variedade de productos que ata o de agora non tiñan participado no salón como é o caso das antigüedades ou un tratamento antihumidade, que se presenta coma un revulsivo para unha comarca tan húmida coma a de Arousa, e conta co aval de varios arquitectos. A novidade, que arrastra anos de utilización noutras zonas, presenta por primeira vez en Arousa.
O prezo da entrada é de 3 euros, aínda que os nenos e os maiores de 65 anos so pagarán un euro.