A falla de dúas horas para o peche do Recinto, a FUNDACION FEXDEGA estima en preto de 25.000 os accesos rexistrados nos últimos catro días con motivo da celebración da 39 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA. As xornadas do sábado e domingo, foron os días de máis accesos, aínda que o fluxo de entrada foi continuo ao longo dos catro días de feira.
A organización considera un éxito esta cifra dada a crisis existente. Co obxecto de aliviar a concentración da asistencia na xornada do domingo, a organización disribuiu máis de 10.000 invitacións para as xornadas do xoves, venres e o sábado, feito que repercutiu positivamente na distribución dos visitantes, aínda que non evitou que a xornada de hoxe fose a que acadara maior número de accesos. Por outra banda, os expositores asistentes distribuiron varios miles de invitacións valedeiras tamén para o domingo.
As horas de maior afluencia foron as comprendidas entre as 18.00 e as 20.00, franxa na que incluso chegaron a producirse pequenas colas na taquilla.