O Padroado de FEXDEGA nomea a Callón Cameán xerente de FEXDEGA, candidato coa puntuación máis alta segundo o tribunal 


O padroado de FEXDEGA acorda nomear a Callón Cameán xerente do Recinto

Data da nova: 04/11/2008


O Padroado da Fundación FEXDEGA, reunido esta mañá no Recinto Feiral de Vilagarcía, tomou o acordo de aceptar a Juan Luis Callón Cameán coma novo xerente da Fundación FEXDEGA. O candidato foi proposto para este cargo polo tribunal de selección tras obter a puntuación máis alta de todos os presentados.

 Juan Luis Callón Cameán ten un prazo máximo de 15 días para incorporarse ao posto de xerente de FEXDEGA.

 O Padroado da Fundación FEXDEGA reuniuse ás 11.00 da mañá e estivo presidido pola directora xeral de Comercio, Ana María Rúa Souto.  

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca