A Capital do Moble regresa a Vilagarcía de Arousa. Entre o 8 e o 16 de novembro, na nave de Exposicións de FEXDEGA, os 8.000 metros cadrados da área de exposición estarán totalmente ocupados con mobiliario de todos os estilos procedente da principal región productora de Portugal, represetando preto de 200 marcas.
Despois dos éxitos acadados en 2007, os obxectivos do Departamento de Feiras e Eventos da Asociación Empresarial de Pazos de Ferreira (AEPF) mantéñense para esta segunda edición. Aumentar o coñecemento do público consumidor galego en relación ao mobiliario portugués e promover a excelente relación calidade-prezo que os productos da Capital do Moble portuguesa presentan en relación coa competencia.
Se o ano pasado a feira pechou con máis de 18.000 visitantes, a organización espera poder manter ou aumentar o interés do público galego para a segunda edición da feira. Para acadar ese feito vai contribuir en grande medida a campaña de medios publicitarios que xa se puxo en marcha. Este certamen xa espertou un profundo interés en Portugal, o que poderá derivar no traslado de moitos visitantes portugueses ata terras galegas para coñeceren o evento personalmente.
Esta embaixada portuguesa representa un abultado investimento en promoción internacional. España é un dos principais mercados externos portugueses e ten aumentado os pedidos de mobiliario nos últimos anos, grazas a calidade do diseño e aos prezos atractivos que os industriais lusos aínda consiguen ofrecer.
Para Vilagarcía de Arousa en particular , e para Galicia, en xeral, a presenza desta feira constitúe unha boa oportunidade de negocio. En 2007, as autoridades locais eloxiaron a calidade do mobiliario nacional e a forma como a feira estaba organizada, e introduciron un novo exemplo de calidade ao que non estaban habituados. O consumo na cidade subiu considerablemente, coa presenza de Capital do Moble nesta bela cidade galega. Ata o sector hoteleiro sentiu a prensenza portuguesa, esgotando a súa capacidade nunhas datas nas que os hoteis presentan tasas de ocupación moito máis baixas. No ano pasado, entre membros da organización, expositores, traballadores de empresas de montaxe e convidados, Vilagarcía acolleu preto de 200 personas oriundas de Capital do Moble ao longo de dúas semanas. A cidade recibiu, así, un valor incrementado pola presenza desta feira, que vai moito máis alá do aluguer do pabellón de exposicións para a realización do certamen.