A entrada ao acto, organizado por AFASAL e que terá lugar o 17 de decembro, custará 3 euros. As entradas estarán á venda a partir do 5 de decembro en Costureiro, Santa Rita, Droguería Amado e Creaciones Dopazo

FEXDEGA acollerá un concerto de Panorama no que toda a recadación irá destinada ao alzheimer

Data da nova: 27/11/2008

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, AFASAL, celebrará no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, unha gala de Nadal protagonizada pola orquestra Panorama, que ten como principal finalidade recadar fondos para os afectados por esta patoloxía. A entrada ao acto terá un custo de 3 euros e, gracias á colaboración de Panorama e aos distintos patrocinadores, a recadación íntegra irá a parar á Asociación de Loita polo Alzheimer na comarca do Salnés.

 O evento, que dará comezo ás 10.00 da noite, terá lugar o mércores, 17 de decembro. Panorama prevé realizar unha actuación cargada de orixinalidade na que desglosará boa parte do seu repertorio para deleite de todos os públicos. Pola súa banda, FEXDEGA cede as instalacións para este acto.

 Coa recadación, AFASAL ten pensado continuar cos talleres de apoio na atención integral a persoas en situación de dependencia. AFASAL xa tiña en marcha talleres de psicomotricidade, intervención cognitiva, laborterapia, de mantemento das actividades da vida diaria. Estes obradoiros están en activo tres horas diarias, tres días a semana e realízanse en colaboración coa Concellería de Benestar Social do Concello de Vilagarcía. Este servicio durará tres meses, o que dura a colaboración co Concello de Vilagarcía, de aí que AFASAL precise da recadación do concerto para continuar coa labor e ampliar o programa a mañá e a tarde. Deste xeito, pretenden mellorar a atención aos enfermos e aliviar aos familiares que os coidan.

 Tamén pretenden crear grupos de apoio e bancos de tempo, a través de cursos formativos, así coma conferencias nas que se lles mostran aos coidadores contidos acerca da enfermidade desde distintos aspectos.

Esta gala conta co patrocinio de Caixanova, Caixa Catalunya, Deputación Provincial, Concello de Vilagarcía, FEXDEGA, Zona Aberta, Upta, Tele Salnés, Diario de Arousa, Radio Arosa e Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

As 5.000 primeiras entradas entrarán nun sorteo para acudir ao Gran Hotel La Toja a pasar un fin de semana en réxime de aloxamento e almorzo. Este agasallo é unha achega do establecemento hoteleiro. Ademáis o grupo Gadisa agasalla cunha cesta de nadal.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca