Os clientes de Fexdega poderán formalizar os seus contactos comerciais diante dunha exquisita vieira de Cambados ou dunhas auténticas ameixas de Carril recén extraídas da ría. Non en van, ésta é a zona marisqueira por excelencia no panorama nacional. Centolos, bois e ostras, regados cun bo albariño, son especies que se poden degustar na maioría dos restaurantes da zona.

Aquí mostramos as nosas recomendacións para comer en Arousa, nas que se oferta, dende a comida máis tradicional, cos productos das mellores calidades, ata as propostas culinarias máis innovadoras.