A comarca de Arousa presenta unha amplia e variada oferta hosteleira. A liña de costa que se extende dende Vilagarcía ata Sanxenxo e O Grove, ou sexa, o corazón das Rías Baixas galegas, rexistra hoteis, hostais e pensións, apartamentos e bungalows dende a gama máis alta ata os prezos máis asequibles.

Mostramos aquí as nosas recomendacións para o mellor descanso despois dunha xornada de feira ou para enlazar estas xornadas de traballo con días de turismo e lecer no epicentro do Eixo Atlántico.