FEXDEGA é unha Fundación sen ánimo de lucro adicada a promover feiras, exposicións e eventos de todo tipo. Estas celebracións teñen como finalidade última incentivar a vida económica e social do concello.
Na nave feiral de FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, teñen cabida salóns da tipoloxía máis diversa, dende profesionais a xerais, así coma espectáculos, comidas ou reunións de empresa, competicións deportivas, festexos...
A ausencia total de columnas e as dotacións permiten instalar dende unha pista de xeo e un espectáculo equino, ata salóns profesionais con importantes esixencias infraestructurais, coma salóns acuícolas ou panadeiros.
A FUNDACIÓN FEXDEGA, que está integrada polo Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra e Abanca, organiza eventos de promoción propia e aluga as súas instalacións a entidades externas para as súas celebracións